PJ SIN SUELA

Pedro-Juan Vázquez Bragan, mellor coñecido como PJ Sin Suela, é un cantautor portorriqueño e escritor publicado cun doutoramento en Medicina. A PJ coñéceselle pola súa letra e xogo de palabra, el rapea da súa vida e podes coñecelo a través da súa música. Dende temas cotiáns e historias persoais a expresar a súa indignidade co goberno. É decir, un rapeiro que non te queres perder.

Creador imparable

Escribiu e gravou seis cancións que foi regalando ao público antes de entrar na escola de medicina no 2011. Mentres estudaba medicina escribía e regalaba unha canción cada seis meses, polo seu tempo limitado, pero a súa música comezouse a regar rapidamente por soundcloud. Ao ver o auxe pola súa música, PJ xuntou as súas 13 cancións e fixo un “mixtape” chamado Letra Pa’ tu Coco que o levou a cantar polos escenarios máis importantes de Porto Rico e outros países como España, Arxentina, Chile e  EEUU.

Vindeiros concertos de PJ Sin Suela