MUYAYO RIF

Ritmos urbanos dende Cataluña

A banda catalá Muyayo Rif conta cunha singular e elaborada
posta en escena a base de ventos, teclado, batería e guitarra. Á enerxía e o groove marca da casa, engádenlle agora novos sons, como o electroswing ou o balkan. E logran, así, renovar un potente directo, onde predomina a enerxía, a festa e a crítica social desde un espírito optimista e festivo. Unha fórmula coa que conseguiron cativar ao público das 500 cidades polas que pasaron nos seus máis de 10 anos de carreira.

Muyayo Rif é considerada unha das bandas máis internacionais da escena catalá. Con máis de 500 concertos ás súas costas e despois de facer bailar ao público en salas e grandes festivais de España, Francia, Holanda, Rusia, Bélxica e Suíza volven agora cunha nova xira internacional para amosar o seu explosivo directo.

Sen perder o sentido do humor, con moitas ganas de facer bailar, pero sen perder ese carácter social e reivindicativo,
Muyayo Rif gozan e fan gozar ao público.

Formación

Alex Medina (Patxi) – Voz
Luis Carrizo – Saxo
Carles Gutiérrez – Guitarra
Iñaki Rodríguez – Batería
Lucas Peire – Teclados
Javier Zurita – Baixo
Andrés Tosti – Trompeta
Edgar Gomez – Trombón

Vindeiros concertos de Muyayo Rif