LA PEGATINA

Música festiva dende Cataluña

La Pegatina é unha das bandas máis vivas, interesantes, inquietantes e inquedas do panorama musical europeo actual, cunha música festiva e cunha enerxía que pon calquera recinto patas para arriba.

De vez en cando un é capaz de orquestrar con éxito a súa propia revolución persoal como lle pasou á La Pegatina no seu último traballo “Ahora o Nunca” (2018). Está concebido dende a matriz da banda, macerado xunto ao mellor aliado posible, o produtor Rafa Arcaute, máis cinco colaboracións de luxo: Macaco, Rozalén, Los Caligaris, Will and the People ou Eva Amaral.

O cóctel de modernidade, frescura e improvisación, unido aos seus quince anos ao pé do cañón, máis de mil concertos en trinta países e sete discos, dan como resultado un sexto album de estudo rico en matices e tempos. O grupo abre novos horizontes sonoros sen perder a ninguén polo camiño.

O grupo tomará un respiro durante todo o 2020.

“La Pegatina”, o concerto máis especial

O grupo de Montcada i Reixach estaba de celebración e como era de esperar, montaron un dos espectáculos máis impresionantes da súa historia fronte a 9.000 fieis que non quixeron perderse a especial ocasión. La Pegatina chegaba ao Wizink Center de Madrid para ofrecer A Festa Máis Grande do Ano, un show de case tres horas, con máis de 30 cancións, onde en ningún momento houbo tregua para o descanso ou a desilusión.

As Balkan Paradise Orchestra foron as encargadas de inaugurar as colaboracións, seguidas de Macaco, Ander Green Valley, Amaral, Rozalén, Arco, Arkano, Rayden ou
El Niño de la Hipoteca, que non dubidaron en achegar o seu gran de area para este concerto tan descomunal.
E se non podía faltar o confeti, os globos, as performance ou unha boa iluminación, coa aparición dos Mariachis e os compoñentes de La Gran Pegatina, xa se adiviñaba o nivel de intensidade da celebración.

Sen dúbida, unha cita que marcará un antes e un despois desta enérxica e creativa formación.

Formación

Ruben Sierra – Voz
Adrià Salas – Voz
Ovidi Díaz – Percusión
Ferran Ibañez – Baixo
Axel Magnani – Trompeta
Romain Renard – Acordeón
Sergi López – Batería
Miki Florensa – Guitarra

Vindeiros concertos de La Pegatina