GOGOL BORDELLO

Gogol Bordello é un grupo de Gypsy punk do Lower East Side de Nova Iork formado en 1999. Un dos seus trazos máis característicos son as súas frenéticas presentacións teatrais, e outro o seu son inspirado na música xitana. A maior parte dos seus membros son inmigrantes de Europa do leste, e o grupo utiliza sons de acordeón e violín e, nalgúns dos seus discos, saxofón e música de cabaret, punk e dub. Nunha entrevista para a National Public Radio, o líder Eugene Hütz citou a Band Of Gypsys e ParliamentFunkadelic como influencias musicais do grupo, e a Nikolái Gogol, homenaxeado no nome da banda, como unha influencia ideolóxica. Entre as súas influencias están tamén Manu Chao, Fugazi, Kalpakov, Rootsman e The Clash

A traxectoria…

Lanzaron o seu primeiro single en 1999, e desde entón publicaron dous álbums, un EP e un álbum en colaboración con Balkan Beat Box. En 2005 o grupo asinou coa discográfica de punk rock SideOneDummy Records. A gravación de “Start Wearing Purple” do disco Voi-A Intruder deulles a coñecer no Reino Unido, e foi regravada para o seu disco Gypsy Punks, converténdose no seu primeiro single internacional. “Not a Crime” foi seleccionado como segundo single. A melodía de “Start Wearing Purple” aparece en varias escenas ao longo da película de 2005 Everything Is Illuminated, e nos títulos de crédito óese a canción con letra; é tamén a última canción da banda sonora. Ademais, Eugene Hütz tivo un papel protagonista no filme. En 2016 veñen ao noso país para presentar “Gypsy Punks 10 Year Anniversary Tour“, xira que celebra os dez anos do seu disco máis emblemático “Gipsy Punks: Underdog World Strike“.

Vindeiros concertos de Gogol Bordello