DUBIOZA KOLEKTIV

Músicas do mundo dende Bosnia-Herzegovina

Dubioza Kolektiv naceu en 2003 en Bosnia Herzegovina. Os seus integrantes querían transmitir coa súa música a complexidade da sociedade bosnia e explicarlle ao resto do mundo que a vida nos Balcáns vai máis aló dos estereotipos que mostraban os medios. Para conseguilo crearon unha particularísima -e
delirante- combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore bosnio. Con ela, conseguiron converterse nunha das bandas máis populares da Europa do Leste, líderes na loita social para
o cambio desde os escenarios.

Tal e como predican, se o que buscas son mulleres floreiro e raperos con pose de tíos duros, non o atoparás entre os Dubioza. Pola contra, gozarás cuns músicos extraordinarios
que extraen dos sons tradicionais unha perspectiva única, moldeada por unha guerra que cambiou as súas vidas e traballada cun nivel de positividade que sentirás como unha
onda de auga fresca.

TOUR 2019

Desde 2016 están inmersos por toda Europa e EEUU coa Happy machine Tour, presentando o seu último traballo, disco no que contan con importantes
colaboracións como La Pegatina.

Formación

Ralmir Hasanbegović: voz
Adis Zvekić: voz
Brano Jakubović: teclados/sampler
Vedran Mujagić: baixo
Senad Šuta: batería
Mario Ševarac: saxo
Jernej Šavel: guitarra

Vindeiros concertos de Dubioza Kolektiv