BALKAN PARADISE ORCHESTRA

Grupo catalán cunha formación insusual e rompedora, formada por once instrumentistas

Dende que iniciou o seu camiño a principios de 2015 na cidade de Barcelona, Balkan Paradise Orchestra foi confirmando, actuación tras actuación o seu papel como formación inusual e rompedora. Integrada por once instrumentistas de vento e percusión, a BPO (como xa se coñece tamén ao grupo) achegou un aire fresco e alegre ao panorama das fanfarrias do noso país. Con formacións, experiencias e influencias diversas, pero compartindo a paixón pola tradición balcánica, estas once mulleres transforman o xénero nun auténtico elixir de melodías tradicionais con ritmos de todo o mundo, ofrecendo un espectáculo cargado de enerxía que funciona tanto en escenario como na rúa.  

Alegría, festa e ganas de bailar!

Cunha sorprendente capacidade para xerar empatía co público, a BPO trae alegría, festa e ganas de bailar a cada recuncho do mundo. “ KATAKA é un recompilatorio de todo aquilo que nos define e formou parte de nós desde que este proxecto naceu. A raíz popular, os diferentes xéneros musicais cos que crecemos e o descubrimento de novas músicas e sonoridades, disólvense no que é este primeiro disco, unha fusión sincera e orgánica de todo o que queremos compartir nos escenarios, prazas, rúas e recunchos onde poida chegar a nosa música.”

Vindeiros concertos de Balkan Paradise Orchestra