AGNES OBEL

Agnes Obel traballouse unha reputación no folk máis sensible con cada álbum que foi editando.

En 2010 debutaba con  “Philharmonics”, álbum co que descubríamos a unha das pianistas europeas con máis potencial dos últimos anos.

En 2013 regresaba para presentarnos  “Aventine“, un disco moito máis maduro e co que conseguiu numerosos recoñecementos.

Agora, a pianista preséntanos o seu terceiro traballo Citizen Of Glass.

Este álbum foi grabado, producido e mesturado pola mesmísima Obel e con el a artista reflexiona sobre a privacidade e o nivel de exposición ao que estamos dispostos a someternos.

Medrando entre a música

Agnes Obel creceu nun ambiente pouco convencional e un entorno moi musical. Un pai coleccionista de instrumentos exóticos e unha nai con excelentes inquedanzas musicais, axudaron a espertar en Agnes a súa paixón pola música dende moi temprana idade. Con tan só seis anos xa tocaba o piano.

As influencias de Obel foron tan variadas que a súa música achegouna a importantes músicos de onte e de hoxe como Roy Orbison, Joni Mitchell, PJ Harvey ou o francés Claude Debussy.

Vindeiros concertos de Agnes Obel