2CELLOS

Hai unha nova xeración de músicos que buscan dar renda solta á súa creatividade sen límites aproveitando o impulso das novas canles da era dixital para alcanzar o éxito que merecen. Un dos exemplos disto é 2Cellos, o dúo de violonchelo que forman os mozos Luka Sulic e Stjepan Hauser -o primeiro, esloveno; o segundo, croata-, que saltaron á fama grazas a un vídeo colgado na plataforma YouTube no que versionaban co seus instrumentos o éxito de Michael Jackson “Smooth Criminal”. Aquela interpretación servíalles como carta de presentación e boa mostra de todo o que podía vir despois. A viralización do vídeo foi o punto de partida a unha carreira marcada pola reinterpretación dun instrumento que sae dos estándares clásicos para adaptarse a linguaxes rockeiras nas mans destes dous virtuosos.

O salto á fama

Era 2011 cando saltaron á fama. Editaron un disco no que versionaban a lendas do rock como Guns N’ Roses, Nirvana ou Muse, e a artistas con rexistros máis melódicos como Sting ou Coldplay. No seu segundo longa duración, “Int2ition”, seguiron a senda da homenaxe a artistas icónicos como AC/DC, Red Hot Chili Peppers ou Elton John, o mesmo que lles invitara a formar parte da súa xira de verán pouco despois da súa irrupción. En 2015, “Celloverse” seguiu a mesma liña, aínda que incluía xa composicións propias como a canción que da título ao álbum ou unha introdución para a poderosa “Thunderstruck” de AC/DC.

Os discos foron chegando e a difusión nas redes non deixou de medrar, e en 2017 cun traballo aínda máis ambicioso, “Score”, xunto á London Symphony Orchestra, onde versionan música do cine e a televisión. Só hai algo mellor que disfrutalos en YouTube: ter a oportunidade de disfrutar do seu virtuosismo en directo, e ser testigo de como o clásico e o moderno converxen cando o elemento común é o talento e a calidade.

Vindeiros concertos de 2Cellos