100 VOLTAS
A música galega que destaca dende o centro de Europa
100 Voltas é o proxecto que, centrado na cultura e a música galega, está despuntando dende Bélxica. Coa súa mestura de textos tradicionais, propios e contemporáneos, estes últimos escritos por grandes poetas da vangarda galega, e un repertorio que conserva a esencia do pasado incorporando elementos actuais, deixan patente a súa combinación ambiciosa do tradicional co moderno, tanto na letra como na música.
O grupo, encabezado por Verónica Codesal, cantareira galaico-belga que quedou subcampioa no concurso de Eurovisión en 2003, busca render homenaxe á cultura e á tradición galega, aportando un enfoque diferente dende o corazón de Europa. O tratamento lírico do proxecto céntrase en profundar, mediante os textos de poetas referentes de Galicia, en historias cun forte protagonismo da muller no eixe das mesmas.
A banda, composta ademais por Didier Laloy e Damien Chierici, incorpora o violín, o acordeón diatónico e instrumentos electrónicos para evolucionar cara unha música contemporánea sen esquecer a esencia da música máis tradicional.
O proxecto encara este 2024 cunha proposta en directo dinámica, contundente e animada, cunha xira que xa conquistou países como Francia ou Bélxica, e que promove, polo tanto, a cultura e lingua galegas tanto dentro como fora das nosas fronteiras.