ADRIANA OSPINA

“Desde as primeras notas cantadas por Adriana Ospina na súa característica voz pura, sábese de inmediato que é unha artista de primeira orden” (Latin Jazz Network)

A cantautora colombiana Adriana Ospina ten un don para crear cancións cargadas de emocións en varios idiomas. Nada nunha familia artística, Adriana comezou a cantar desde moi pequena e estivo sempre rodeada de música e arte. Cando era adolescente mudouse coa súa familia a Barcelona, e desde aí a súa vida transcorreu entre Barcelona, Bogotá e Londres. Ospina creceu escoitando e cantando diferentes estilos de música, o que a levou a ter moitas influencias musicais que se reflicten nas súas composicións multilingües.

Desde que finalizou os seus estudos en L’Aula de música moderna e jazz en Barcelona, a cantante tivo unha activa carreira musical sendo parte de diferentes proxectos e formacións nas tres cidades nas que viviu. Gravou en proxectos infantís como La sinfonía de… de La Totuga e Mil y un Colores de Sofía Ribeiro, ademais de varios jingles publicitarios.

Adriana colaborou con grandes músicos da escena internacional como Marta Gómez, Sofia Ribeiro, Andrés Rotmistrovsky, Marcelo Woloski, Jorge Glem, Bartolomeo Barenghi e os seus dous irmáns Juan Andrés e Nicolás Ospina.

A comezos de 2019 gravou o seu primeiro disco de música orixinal chamado Respirar, o cal presentou nun concerto de lanzamento na súa cidade natal, Bogotá (Liebre Lunar), en Barcelona (Galería Mutuo) e dentro das feiras musicais APAP-Nueva York (Drom) e Exib Música. Tras un 2020 cheo de concertos virtuais, Adriana atópase traballando en novas cancións, e con moitas ganas de poder volver aos escenarios neste 2021.

Álbum “Respirar”

Escrito entre Barcelona e Londres, Respirar é unha colaxe de estilos e emocións escritos en dous idiomas. As letras do álbum transmiten unha sensación de liberación persoal, inspirándonos a deixar ir e a tomar un respiro en momentos de adversidade.

A gravación do disco realizouse co selo independente Mundosmusic, e ocorreu en Flux Studios – Nova York, onde Adriana traballou da man do seu irmán Juan Andrés Ospina quen foi o arreglista, produtor musical e pianista, e de Gustavo Szulansky – Mundosmusic, como produtor artístico do proxecto.

O seu sinxelo Respirar estivo no top 20 de Radio Nacional de Colombia durante nove semanas.

Sobre actuacións en vivo

Os concertos de Adriana Ospina teñen un ambiente íntimo, próximo e tranquilo con cancións que fan parte do disco Respirar, outras inéditas e algunha versión.

Cun formato adaptable, Adriana atrae ao espectador ao seu particular mundo musical, todo grazas á súa cálida voz e mergúllao nun concerto no que interpreta cancións en castelán, inglés e algún toque de catalán ou portugués.

X