
ACRU
Acru (Agustín Cruz) é un dos raperos máis prestixiosos de Arxentina. Con 26 anos, editou dous discos «El Origen» e «#Anonimato» e proximamente en setembro o seu tan esperado disco «EL DON». As súas cancións teñen unha alta repercusión no rap nacional e internacional. Estas cancións permitíronlle realizar xiras e esgotar datas en Arxentina, Uruguai, Paraguai e Colombia.
O seu renome no ambiente do hip hop permitiulle colaborar con grandes artistas da escena local: WOS, Trueno e Bizarrap e os españois: Fernandocosta, Prok e Foyone. Ademais na época do confinamento pola pandemia iniciou o seu proxecto «THROW UP SESSION» que foron de gran impacto, en cada unha delas onde mostra a súa versatilidade nos ritmos.